viernes, 1 de julio de 2011

Cea fin de curso 2011

A noite comezou con moitas ganas de cantar (ben, mal e regular), risas e sobre todo intencións de pasalo ben. Continuou con tolerías, bailes e aínda que faltou algunha canción de Meli e quedou pendiente un MAITINES que non vos perdoo... houbo moitos berros de euforia, recordos de infancia, e un pouco de catarsis... O vacalao un pouco salgado fíxonos beber viño e a boa noite fixo o resto. Perdón aos veciños do Lulos polo noso ruidoso comportamento ; ) e esperamos que a próxima sexa polo menos igualiña que esta.

NOTA: No meu Facebook están o resto das fotos.

















sábado, 26 de junio de 2010

Xunio 2010. Cena Fin de curso

MI MADRIÑA!!!!!

Empezamos con polbo á "Foliada de Nostián" polbo á "Rianxeira"e polbo ó "Miudiño"...
De segundo carne guisada con muiñeira e unhas boas pandereteiras todo bañado con patacas e guisantes ó acordeón (que non estaba moi sabroso, pero en fin...). De acompañamento ensalada de gaita con bombo e tambor.
De postre unha magnífica tarta xelada con cachiños de pasodobre.
Non faltou café, copa e PORRO.

Os comensales... eiquí vos deixo unhas fotos:









miércoles, 19 de mayo de 2010

Romería raigame

O pé da Torre de Vilanova dos Infantes disfrutamos da Romería... Gaiteiros, pandereteiras, cantareiras, danzantes,... unha chea de xente que se xunta para pasalo ben facendo e disfrutando do que máis lle gusta.

Membros do coro de Aimil tamén acudimos a este encontro e quedamos ofrecidos a repetir para o ano que ven.

























martes, 9 de marzo de 2010

Día Internacional da MULLER

O CORO AIMIL, pertencente á Asociación Cultural AIMIL FOLC de Xinzo de Limia, participou exitosamente nos actos conmemorativos do Día Internacional da Muller Traballadora que, organizados polo Concello de Xinzo de Limia, tiveron lugar no salón de actos da Casa da Cultura desta localidade este domingo, día 7. O público presente agasallou con cálidas e emotivas ovacións as interpretacións do CORO AIMIL.





O Coro AIMIL e a Coral "Santa Mariña" interpretaron conxuntamente o Himno Galego.





Cursiño e concerto didáctico de Antón Varela




- O sábado, día 6, e domingo, 7 de marzo, o prestixioso artesán e mestre gaiteiro ferrolán ANTÓN VARELA estará con nos na ESCOLA MUNICIPAL DE GAITAS & PERCUSIÓN DE XINZO, impartíndonos un pequeno cursiño sobre o noso instrumento nacional.


- Asemade, o sábado, día 6, ANTÓN VARELA ofrecerá unha amena charla redondeada cun pequeno concerto didáctico, en acto aberto para todos os públicos, no salón de actos da Casa da Cultura de Xinzo, ás 20:00 h.




jueves, 10 de diciembre de 2009

Actuación do coro de Aimil na presentación do novo libro de Edelmiro Martínez



Animamos a todos os amigos que veñades este venres 11, ás 20:30, na casa da cultura do concello de Xinzo. Alí estaremos amenizando a presentación deste novo libro creado por Miro para todos nos...

lunes, 9 de noviembre de 2009